Xogos Tradicionais

E chega outro ano máis onde a tradición xunto cós xogos son os protagonistas dunha xornada para non esquecer a importancia dos nosos xogos e xoguetes tradicionais.
Os nenos e nenas de 3º curso de primaria convertéronse en auténticos monitores e guías para os máis pequenos da casa: educación infantil. Así que trouxeron os xogos que elaboraron eles mesmos para compartilos cós peques: a ra, os aros, carreiras de sacos, as chapas, a chave...

 

Foi unha ledicia ver como organizaron as rotacións coa axuda dos mestres e como explicaron con paciencia e moito agarimo as normas de cada un dos xogos. Estiveron moi pendentes dos cativos e implicáronse de tal xeito que todo saíu fantástico.

 

As risas resoaban no patio, a alegría acompañaba en cada xogo e mirases por onde mirases, todo eran sorrisos e xogo, moito xogo.

 

Como mostra de agradecemento, os nenos e nenas de infantil, compartiron os seus xoguetes tradicionais cós compañeiros de primaria: valeros, carreiras de tartarugas e mailas canas para facer unha pesca moi especial. Estes xoguetes foron elaborados polos peques. Que ilusión compartir estes momentos xuntos!

 

Dende infantil quixeron darlles un agasallo especial aos compañeiros de 3º de primaria: unhas medallas de auténtico “Bo Xogador”. Non dubidaron en pasarse para dar as grazas.

 


Queremos deixar unha pequena mostra do ben que o pasamos nesta nova edición de Xogos Tradicionais. Esperamos que vos guste.