Converte as tardes do mes de xuño nunha divertida aprendizaxe para os teus fillos.

**Aquelas familias que precisen servizo de transporte poden solicitalo en transporte.escolar@autocaresvazquez.net


 


Xa falta pouco para o mes de xuño. A praia, o campo, o sol e as tardes libres xa están preto. Se iso supón un problema na conciliación do voso horario ou simplemente queredes que os vosos fillos experimenten, aprendan e se divirtan a partes iguais, animámosvos a que vos apuntedes ás tardes de xuño 2021.


Tardes de xuño 2021 é unha alternativa programada polo equipo de extraescolares do colexio e levada a cabo pola empresa ACTIVA, tódolos días lectivos da semana, de 15:00h  a 17:00h (Do 1 ao 22 de xuño), para o alumnado de Infantil e Primaria .

 

Este ano, a natureza é a protagonista das tardes de xuño. Traballando mediante proxectos STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) buscamos achegar a natureza aos nenos/ as, facéndolles conscientes das pequenas accións que podemos facer para coidar dela. As actividades que levarán a cabo teñen como obxectivo desenvolver o potencial de cada neno/a, á vez que adquiren conciencia do mundo que lles rodea e os seus recursos.

 

Accede a toda a información neste enlace e descarga o formulario de inscrición.

*Data límite de inscrición: o 21 de maio.

Destacado: