DIETA ATLÁNTICA, unha opción rica en produtos do mar e da horta. Variada, completa e saudable.
En Galicia dáse gran importancia aos tesouros que o mar ofrece. Isto é algo que arraigou con forza desde a Revolución Industrial e que permitiu que gocemos de alimentos como o polbo, as nécoras, as vieiras ou os percebes, todos eles dabondo coñecidos en todo o país.


Nos mares galegos pódese atopar: linguado, rodaballo, mero, pescada, robaliza, robaliza, salmonetes, congro, rape… a Sardiña que como di un refrán galego:

“Por San Xoan a sardiña molla ou Pan”.

A carne e os alimentos de horta son moi admirados e consumidos. No lacón con grelos únense a mellor carne de porco,os pitos e as verduras; algo parecido ocorre nos potes, elaboracións de corte tradicional onde as verduras cócense a lume lento en marmitas.


A cociña Galega, unha cociña de longa tradición que persiste nos pobos, a través de imaxes, sons, cheiros e sabores empréndese un percorrido non só pola historia senón tamén pola variedade dos alimentos e os pratos.
É por todo isto que queremos introducir unhas XORNADAS GASTRONÓMICAS especiais dedicadas á DIETA ATLÁNTICA contando coa colaboración e formación de BEATRIZ SOTELO para poder elaborar uns pratos especiais para este día.