Os rapaces e rapazas de quinto fomos de saída cultural ao Castro de Elviña que se atopa moi cerca do noso colexio.

Alí aprendemos moitas cousas como por exemplo que este castro está declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Tamén nos dixeron que este poboado data do século III-II a.C.

Nas excavacións arqueolóxicas foron aparecendo materiais que aportan datos para o coñecemento da vida no castro: fragmentos de cerámica que conformaron diferentes recipientes, ánforas, pedras de muíños, fíbulas e outros elementos metálicos así como as pezas de ourivería do conxunto coñecido como o Tesouro de Elviña que se descubriu nas excavacións dos anos 40 e que se encontra actualmente no Museo do Castelo de San Antón.

Foi unha visita moi interesante pois sempre é enriquecedor coñecer cousas dos nosos antepasados e da nosa historia.