PROCESO DE MATRICULACIÓN

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

DECRETO 254/2012, do13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten os ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria,de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG, 26/12/2012).

Orde do 12 de marzo do 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG 15/03/2013).
 

Orde do 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a Orde do12 de marzo do 2013.

Información sobre o restablecemento do procedemento de solicitudes de admisión.

 

 


Acceso á breve guía paso a paso para as solicitudes de admisión para o próximo curso 2020 - 2021.

 

26 de febreiro, ás 10:30h. ↔ sorteo público a efectos de desempate. Extraeranse catro letras do abecedario, que determinarán, correlativamen­che, a primeira e segunda letra do primeiro apelido e a primeira e segunda letra do segundo apelido.

Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.

 

DO 11 AO 18 DE MAIODO 2020 presentación das solicitudes de admisión

ámbolos dous días incluídos*

Cando oúltimo día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguiente*

Horario Secretaría* entrega documentación

Luns a xoves

Mañás de 8:30 a 11:00 e de 11:30 a 13:00

 Tardes de 15:30 a 18:00

Venres

 Mañás de 8:30 a 11:00 

 Tardes de 15:30 a 17:00

Descargue o Anexo II “Documento de solicitude de admisión”, pode cubrilo no ordenador e entregalo por dupricado e asinado por ambos proxenitores na Secretaría* do 11 ao 18 de maio adxuntando: 

  • Padrón
  • Fotocopia do libro de familia
  • DNI  da nai, do pai e do alumno (se o ten).
  • O formulario normalizado será facilitado gratuitamente na Secretaría do Colexio e tamén estará disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación. As solicitudes de admisión, poderán presentarse mediante o formulario normalizado a través da aplicación da xestión do  proceso «admisionalumnado» se dispón de certificado dixital ou chave365.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

**Poden achegar a documentación xustificativa dos criterios do baremo xunto coa solicitude de admisión ou, de ser necesaria dita documentación, poderán entregala de forma presencial ANTES DO 26 DE MAIO. Para axilizar os trámites en caso de ser necesarios, recomendámoslle achegar dita documentación coa solicitude de admisión.

DESCARGAR ANEXO II: DOCUMENTO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN (CASTELÁN)


DESCARGAR ANEXO II: DOCUMENTO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN (GALEGO)


 

Esta solicitudE será única e terá carácter vinculante (Artigo 14.2).
Débense cubrir todos os datos.
En caso de separación ou divorcio será necesaria a firma de ambos proxenitores. (Artigo 14.4)

 

Do 22 de marzo ao 5 de abril presentarase a documentación acreditativa dos méritos alegados, unicamente nos centros nos que exista máis demanda que oferta de postos escolares.

Admisión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

A administración reserva tres postos escolares por unidade, en 4º de educación infantil, 1º de educación primaria, e 1º de ESO.

Na solicitude de admisión deberán manifestar expresamente que op­tan a unha praza reservada para alumnado con necesidades específicas de apoio educa­tivo derivadas de discapacidad física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual, de trastornos graves de conduta ou por atoparse en situación desfavorecida como con­secuencia de factores sociais, económicos ou culturais.

POstos Vacantes para O próximo curso 2020-2021 Xa se pueden consultar no taboleiro de anuncios do Centro.

  • Consultar as  listaxes definitivas de admitidos para o curso 2020 - 2021 no taboleiro de anuncios do Centro. 
  • As  listaxes provisionais publicaranse  antes do 9 de xuño.
  • As  listaxes definitivas antes do 26 de xuño.

 

No caso de ser necesario o proceso de baremación, por motivos de recibir máis solicitudes que vacantes, o Centro poderá solicitar máis documentación ás familias.


RESOLUCIÓN DO 27 DE FEBREIRO DO 2019, DA DIRECCIÓN GENERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE FAI PÚBLICO O RESULTADO DO SORTEO AO QUE FAI REFERENCIA O ARTIGO 29 DA ORDE DO 12 DE MARZO DO 2013.


PoLO Decreto 254/2012, dO 13 de decembro (DOG número 245, do 26 de decembro), desenvolvido pola Orde do 12 de marzo do 2013 (DOG número 53, do 15 de marzo), regúlase o procedemiento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria e en bacharelato nos centros docentes sostidos con fondos públicos.


A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no cumprimento do previsto no artigo 29 e na disposición adicional primeira de dita orde, nesta data, pola comisión constituída ao efecto, realizouse o sorteo público nas dependencias da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Aos efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2020/2021, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade:


Baremación: criterios e puntuación

ANUNCIO SORTEO PÚBLICO LETRA

Segundo a lexislación vixente as familias deben ter en conta que:

1º.  Cada alumna e alumno só pode presentar  unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centrose presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º.  Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. Durante o prazo de solicitude de reserva en centros públicos (1 ao 17 febreiro 2020) as familias poden cubrir a reserva para un centro de adscrición público; se desexan solicitar admisión nun outro centro durante o prazo de solicitude de admisión (1 ao 20 marzo 2020), deberán rebocar a reserva de praza antes do 29 de febreiro de 2020 para acceder ao proceso. De non facelo, a solicitude de reserva será vinculante e deberán esperar ao final, renunciar á praza no centro de adscrición e solicitala no que desexen se quedan vacantes dispoñibles.
4º.  Os centros tramitarán igualmente as solicitudes que reciban en prazo respecto dos niveis educativos nos que inicialmente non existan vacantes (poida que durante o proceso queden vacantes, que serán cubertas polas solicitudes presentadas).

Lista provisional de admitidos para o curso 2020 - 2021.

Informámoslles de que antes do 9 de xuño será publicada no centro a listaxe provisional de admitidos no próximo curso 2020 - 2021.

As  listaxes definitivas de admitidos serán publicadas antes do 26 de xuño.

Impugnación das listas definitivas: No caso de centros privados concertados poderán formular unha reclamación. En ambos casos, ante o Xefe Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguiente ao da súa publicación.

periodo de matriculación ordinario e extraordinario que terá lugar en xuño e setembro respectivamente. Do 1 ao 10 de xulio e, para Secundaria e Bacharelato, do 1 ao 10 de setembro en prazo extraordinario.

 

Informámoslles dos prazos do periodo de matriculación do novo alumnado para o curso 2020-2021.

  • Educación Infantil e Educación Primaria do 1 ao10 de xulio.
  • Educación Secundaria e Bacharelato do 1 ao 10 de xulio.

Desde as citadas datas terán á su disposición no centro os impresos de matriculación e o calendario de entrevistas.

periodo de matriculación extraordinario será do 1 ao 10 de setembro.

  • Servizo Territorial de Inspección Educativa. Edificio administrativo de Monelos. Pza. Luís Seoane, s/n. 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778 inspeccion.coruna@edu.xunta.es

  • O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.