Con moitas ganas e ilusión, recibimos ao escritor Iago López quen, coma sempre, captou a nosa atención dende o primeiro momento. Iago, ademáis de riquiño, é escritor, actor, contacontos e titiriteiro.

Orellas abertas e ollos espertos para un contacontos excepcional

 Nesta ocasión as aventuras de Martiño, un cociñeiro moi especial, foron o deleite tanto dos peques de infantil coma das mestras,  nun ambiente cheo de ledicia, risas e moita, moitísima imaxinación. Vos recomendamos as súas historias xa que garanten a ledicia e contan historias con moita tenrura.

Gustamos tanto desta sesión de contacontos, que vos queremos deixar unha mostra da mesma na plataforma.  Esperamos que vos guste. Prendede neste enlace para acceder ao vídeo. 

 

Deixámosvos unha pequena referencia na editorial Xeráis do autor Iago López 


Por certo, para que os vídeos non pesen moito, os formatos en mp4 son fantásticos e 100% compatibles para sistemas Android©, Windows© e iOS©, de modo que hai que agardar un pouco a que carguen (aquí depende da conexión) Unha vez comezado o vídeo, xa se pode descargar.

Destacado: