ANAMO son os grupos cristiáns dos centros das Franciscanas da Nai do Divino Pastor sendo o seu obxectivo a maduración da fe nas persoas. Entendido como proceso, grupo o camiño ANAMO é algo que parte da realidade das persoas, das súas experiencias e vivencias e que se inspira nos trazos de identidade franciscanos.

Accede ao noso BLOGUE institucional ANAMO

LA METODOLOXÍA :

  •  As reunións quicenales, os encontros e outras actividades de grupo.

- O grupo é o espazo onde compartimos a experiencia da amizade, o crecemento e a identificación cos valores de Jesús; por iso o proceso sistematiza moitos momentos de grupo e principalmente a reunión semanal.

-  Achegándonos alvoluntariado os alumnos de 3º e 4º de ESO participan en diferentes proxectos ao longo do curso.


  • As convivencias, os encontros intergrupais e intercolexiaies.

- Trátase de momentos fortes que axudan a enriquecer a vivencia diaria de forma gozosa e comprometedora. Ademais estas actividades crean lazos de comuñón con outros grupos e provocan unha maior identificación co proceso e suss obxectivos. Unha das actividades con máis acollida é a convivencia intercolegial que realizamos cada curso. Nela, reflexionamos a través de diferentes dinámicas a necesidade de ser os primeiros en distintos valores: xenerosidade, respecto, escoita, convivencia, sinceridade, etc.
 


  • As celebracións.

- Festexar a vida como lugar de encontro con Deus e cos demais. Expresar xuntos soños, medos, ilusións… á luz da Palabra. Iniciarse á oración e ao silencio persoal.

- Destacamos ao longo do curso as celebracións de Nadal e de fin de curso nas que participan varios cursos desde 6º de E. Primaria ata 2º de Bacharelato. Na primeira celebración reflexiónase sobre o verdadeiro sentido que o Nadal debe ter para nós. En canto á celebración de final de curso ten como obxectivo principal recoller e avaliar todo o reflexionado durante o curso.