Adxuntamos a continuación a orde relativa ao fondo solidario de libros da Xunta e os impresos de solicitude editables:
Iniciarase o 20 de Maio do 2020 e terminará o día 19 de xuño do 2020 incluído. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo dispoñerá dun mes contado a partir do día seguiente ao da formalización da matrícula.
As solicitudes poderán presentarse:
- Nos centros docentes.
- Por vía electrónica nos formularios normalizados disponibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
-
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia código de procedemento ED330B, https://sede.xunta.gal.
O alumnado que unha vez transcorrido o prazo indicado,pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderá presentar solicitudes despois do 31 de marzo do 2021.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro para o curso 2020/2021, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2019/2020.
Será no COLEXIO en horario de 8:30 h. a 13:30 h.
En 1º a 6º de E. Primaria a entrega farase entre o 20 e o 31 de xulio.
En 1º a 4º de ESO realizarase a entrega entre o16 e o 25 de setembro.