•   Oración da mañá:

• Cada día todos os alumnos e profesores comezamos a xornada cun  momento de oración e reflexión ao redor da vida, a actualidade, unha imaxe, un vídeo, unha canción, o Evanxeo,...


• Trátase dun momento de calma que nos axuda a vivir o día a día sen o trafego e as présas e que nos permite pararnos a pensar en nós, no que nos rodea e no exemplo de Xesús.

 

  • Programas de desenvolvemento da interioridade:

• Son actividades que buscan axudar aos nosos alumnos para desenvolver a capacidade de reflexión, de silencio, a intelixencia emocional, a empatía,...

• Actualmente desenvolvemos tres programas:
Despertar Relixioso: Ed.Infantil
Oratorios: 6º Ed. Infantil - 5º Ed.Primaria
► Proyecto "En ti": ESO (en proceso)


  • Celebracións:

• No transcurso do curso reunímonos como Comunidade Educativa para celebrar nuestra fe en distintos momentos: Advento- Nadal, Coresma, Semana Santa- Pascua, Festa de San Francisco e María Ana.

 

• O claustro de profesores celebra a fe e a vocación educadora do carisma de Mª Ana Mogas en distintos momentos: inicio do curso, Nadal, Festa de San Francisco e Mª Ana , e fin de curso.


  • Experiencias de fraternidade:

Convivencias Cristiás: Onde alumnos de 3º y 4º de E. Secundaria y Bachillerato conviven, comparten e profundizan na fe traballando sobre o lema docurso.

 

Grupos ANAMO: SSon encontros onde alumnos desde 5º de E. Primaria ata Bacharelato comparten experiencias, crecen como persoas e interiorizan valores para a súa formación persoal. Reúnense quincenalmente.
Destaca positivamente a convivencia Intercolexial na que temos a oportunidade de compartir un día cos compañeiros de ANAMO de todos os colexios de Galicia.

Campamentos de Verán.

 

• As convivencias de fin de curso nas que celebramos valores de encontro, natureza e compañeirismo.


  •  Solidaridade e paz:

• Participamos en campañas solidarias como: 

- DOMUND
- OPERACIÓN KILO
- Diversas campañas solidarias nas que colaboramos cos proxectos  da Fundación LADESOL: subasta solidaria, dulces solidarios, bolería nos recreos, carreira solidaria, marcha solidaria, bocadillo solidario.


A Paz: Día escolar da no violencia e a Paz.


  • Programa Boa Nova:

• Alumnos e profesores traballamos a mensaje de Xesús a través do Evanxeo da semana.


  • Formación relixiosa: 

• Tanto desde a área de relixión como mediante as sesiones de titoría e  outras actividades coidamos a formación relixiosa e en valores dos nosos alumnos.