Os Coidamundos de todo o centro poñémonos en marcha realizando actividades moi importantes para o coidado do medio ambiente. Xa informamos a todos os compañeiros e compañeiras. Aquí vos deixamos algúns dos nosos retos para este curso…Axúdasnos a conseguilos? Contamos contigo!


Os nosos compromisos

  • Apagar as luces ao saír.
  • Non malgastar a auga.
  • Separar o lixo.
  • Reutilizar bolsas de plástico.
  • Empregar bolsas de papel e tea.
  • Usar porta bocadillos.

Contigo somos máis!