Dotación: Concederanse un máximo de 20 premios de 750 euros cada un.

Os requisitos para optar a estes premios son:

  • Ter cursado 4º de ESO no curso 18 -19 no Réxime Ordinario en Galicia.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
  • Obter unha media igual ou superior a 9´00 puntos (media de todas as materias dos catro cursos de ESO). A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia (DOG do 29 de xuño):

            "A nota media de cada etapa será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias, redondeada á centésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á  superior."

 

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (do 6 de xuño ó 5 de xullo de 2019).

A proba celebrarase o 5 de setembro de 2019.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal). Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación  https://www.edu.xunta.es/premiosedu/ desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común 

 


Imagen portada Freepik. Autor rawpixel. Modificada por Fundación Educativa Franciscanas A Coruña.

Destacado: