Remata un curso escolar complicado para todos, aínda que debemos quedarnos coas cousas positivas que nos aportou. Por iso este ano facemos unha mención especial os maiores dos centros de día de Mondego (Sada), A Residencia Albertia (Lugo) e o Fogar Residencial de A Zapateira ( A Coruña), que dende o mes de novembro participaron con nós en diferentes actividades.

 

Comezamos celebramos unha reunión virtual para coñecernos e contar as nosas cousas o día dos dereitos humanos, compartimos panxoliñas no Nadal , disfrazámonos xuntos de Choqueiros para participar na “I Choqueirada Franciscana”, gozamos coa nosa língua no concurso da “Palabra Máis Xeitosa”, axudáronnos cos seus consellos a plantar a nosa horta-xardín e compartiron sementes con nós .

 

Por todo isto e o cariño inmenso que sempre nos enviades, querémosvos agradecer o voso tempo e dedicación, non só os maiores dos centros senón tamén os profesionais que están o seu carón e que cada vez que lles propoñíamos unha actividade tiñamos un sí.

 

Grazas de todo corazón vémonos o próximo curso .