O pasado venres 17 de novembro, os compañeiros de primaria celebramos O Magosto todos xuntos no patio do colexio.

Para darlle a benvida a esta tradicional festa galega, comezamos a tarde cantando unhas regueifas e o remate comezamos a comer as castañas.


Cocidas, crúas, asadas, ao vapor ... cada quen trouxémolas, gardadiñas no noso castiñeiro, como máis nos gustan. Por iso, non podemos esquecer o tempo de agarimo e dedicación que tanto os rapaces e rapazas coma o profesorado lle dedicaron a elaboración dos seus castiñeiros onde levabamos as castañas e recollíamos a casca.


Compartimos a comida das castañas entre sorrisos, cantos, adiviñas, bailes e sobre todo, moita ledicia! Para deixar pegada fotográfica deste acontecemento, quitamos fotos no photocall “O Magosto”, no cal poidamos ver dende unha meda de millo, un paxe con esfollador, un cesto de castañas...


Compartimos con vos, un vídeo e unha escolma de fotos como testemuña da xornada.


Esperamos que gocedes de velas tanto coma o fixemos nos!