O outono chega cargado de cores cálidas e de esencias de froitos que percorren a nosa Terra. Moitas son as actividades relacionadas con esta estación do ano e, como cada ano, desde os máis peques da casa ata o derradeiro recuncho da nosa escola, respiramos natureza e tradición, desexando que chegue o Magosto.

Regueifas, traballos manuais, talleres cooperativos, follas marróns, laranxas, vermellas e amarelas...unha festa para os sentidos e para os amantes do outono.

Queremos compartir con vós algúns dos momentos nos que, xuntos, os nenos e as nenas de educación infantil e primaria gustamos da nosa compaña festexando o outono ademais de recordar os vosos preciosos e impresionantes traballos do taller da María Castaña a que, por certo, quedou moi contenta pola vosa participación e as vosas mostras de creatividade en familia. Parabéns!!! Moitas grazas pola vosa implicación.

Esperamos que vos guste e ata o Magosto que ven! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Preme nas imaxes para ver o contido audiovisual que esperamos que vos guste ☺.

Destacado: