E chegou outra vez o  Día das Letras Galegas. Con orgullo, alegría, festa, música, cor e creatividade o celebramos no noso cole. Desde os máis pequenos  hata os maiores da casa. 

Antón Fraguas, protagonista do día das nosas Letras no 2019

Eu traballei sempre por e para Galicia (...) A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron (...) sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra

Antón Fraguas (1905 - 1999)

Antón Fraguas Fraguas dedicou a súa vida ao estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención e mestría á antropoloxía. Ademais, cos seus traballos contribuíu a defender o idioma propio como lingua de expresión para calquera coñecemento, segundo expresa a RAG.

 

Foi historiador, profesor e director e presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade de Lingua e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica.

 

Escribiu sobre xeografía e arqueoloxía, pero no campo no que máis destacou foi na cultura espiritual campesiña. As festas e romarías populares, as cantigas, as crenzas e os costumes aparecen nos seus ensaios. Tal e como afirmou o profesor de Historia Eiras Roel,

(...)non son amenos relatos, senón unha manifestación temperá e adiantada para Galicia do que hoxe se chama historia das mentalidades

 

Polas Letras Galegas os peques de infantil tivemos unha xornada espectacular, chea de luz, color e música: os nosos compañeiros de baile galego e pandeireta actuaron para nós e pola tardiña, todos xuntos, fixemos un mural adicado a Antón Fraguas, ademáis de bailar a adaptación de A. Fraguas do conto do “Casamento do piollo e a pulga” ao son de Pablo Díaz.

Desde primaria preparamos con ilusión un crebacabezas de Antón Fraguas, presentamos algunhas das nosas composicións en galego e interpretamos "A galiña azul" de Carlos Casares.O grupo de baile galego deleitounos cunha muiñeira, descubrimos divertidos seres máxicos e recitamos unha regueifa. Para rematar o acto o coro da escola emocionounos cantando o "Himno galego".

En secundaria sacamos o máis bonito da nosa terra empregando a nosa preciosa, doce e musical lingua. E moitas actividades máis que encheron todo o colexio.


Quremos compartir unhas pequenas mostras con vós ás que podedes acceder nos seguintes enlaces. Esperamos que vos gusten!


Por certo, para que os vídeos non pesen moito, os formatos en mp4 son fantásticos e 100% compatibles para sistemas Android©, Windows© e iOS©, de modo que hai que agardar un pouco a que carguen (aquí depende da conexión) Unha vez comezado o vídeo, xa se pode descargar.

Destacado: