O domingo 9 de xuño os bailadoras e bailadores galegos das Franciscanas, participamos no XXXIII Día da Muiñeira en Arteixo. Desfrutamos e coidamos da nosa cultura, xunto con 40 grupos de diferentes escolas e asociacións, nunha  gran festa. Tod@s compartimos a ledicia, colaboración, respecto e continuidade das nosas tradicións. Despois de desfilar polas rúas, bailar tres muiñeiras e un agarrado, que ben senta a merenda agasallo que agradecemos aos de Xiradela!.


Ademais déronnos un fermoso recordo de participación. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e asistencia. Grazas ao coidado e colaboración cos nosos grupos, para que puideramos ir dende os maiores ata os máis pequenos e moitas grazas á organización.


Xa temos ganas de bailar outra!! 

Namentres, aquí vos deixamos unhas cantas fotografías. Quero ir ao álbum.

Destacado: