Chega o entroido, e con el a Nosa Curuxa preséntanos o I Certame de Choqueirada Franciscana!

Este ano máis ca nunca temos necesidade de rir, por iso convidamos a que o venres 12 de febeiro participemos toda a comunidade educativa na Choqueirada Franciscana 2021, Teremos unha participación especial, a dos nosos maiores, representados a través de diferentes residencias e centros de día da nosa contorna.

Queremos inundar o noso colexio da maxia do Entroido, enchelo de cor e risas, ledicia e querer!

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 


Podedes acceder á Galería de imaxes para ver os nosos choqueiros e choqueiras. Moitas grazas por participar!


Saímos na prensa! Preme na imaxe para acceder á noticia.

Destacado: