Premios EDU 2023

Premios EDU 2023

Dotación destes premios EDU 2023: Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros cada un.

Os requisitos son:

  • Ter cursado durante o ano académico 2022/23 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  •  Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño (DOG núm. 120, do 29 de xuño), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

            «A nota media de cada etapa será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias, redondeada á centésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á  superior.»

 A realización da proba dos premios EDU 2023 terá lugar o día 6 de setembro de 2023 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.edu.xunta.gal). A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá modificar a data de realización da proba por causas debidamente xustificadas.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (do 31 de maio ao 30 de xuño de 2023).

Descargar solicitude

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede. xunta.gal). Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación  https://www.edu.xunta.es/premiosedu/ desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes.

Máis info no: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-030423-0003_gl.pdf

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-030423-0004_gl.pdf

 

 

Síguenos en nuestras Redes Sociales para más noticias y seguir nuestro día a día:

Accede al Calendario escolar aquí:

Calendario Escolar

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas