Volvemos ao teu carón
Volvemos ao teu carón! De novo volve o son dos alumnos polos corredores, o ruído das cadeiras e as mesas ao moverse, a voz dos mestres explicando na aula, os botes dos balóns nos patios, os alumnos falando e xogando nos recreos, o son da fotocopiadora funcionando, o timbre para avisar que o tempo de descanso terminou…Volve o cole!
E coa súa volta, comeza un período no que aprenderemos materias, datos,… ampliaremos os nosos coñecementos. Pero tamén conviviremos, coñeceremos persoas novas, reencontrarémonos con aquelas coas que estivemos o curso pasado, aprenderemos o valor da amizade, o compañeirismo, o respecto e a proximidade.
Todos xuntos, profesores, alumnos, persoal de administración e servizos, irmás Franciscanas da Nai do Divino Pastor,… formamos esta gran familia de Franciscanas Ana Mogas e somos responsables de que o noso colexio sexa un lugar onde o coidado do outro sexa unha prioridade. Por iso, este curso, máis que nunca queremos estar e estaremos:
Ao teu carón!
Síguenos nas nosas Redes Sociais para máis noticias e seguir o noso día a día:
- Facebook https://www.facebook.com/sagradocorazon.acoruna
- Instagram https://www.instagram.com/franciscanascoruna
- Twitter https://twitter.com/FranciscanasCor
Información de Horarios durante o curso
https://sagradocorazonacoruna.anamogas.org/horarios-entradas-y-salidas-curso-escolar/