Entroido 2022
Aquí tendes unha selección de imaxes do noso ENTROIDO. Desfrutamos moito!
Preme nunha imaxe para ampliala e poder ver a galería.
E chega unha nova entrega do noso ENTROIDO, onde toda a comunidade educativa gozamos xuntos desta divertida festa. Ademais este ano estivo marcado por un acontecemento moi importante: o 125 aniversario das FRANCISCANAS!!! Son moitos anos camiñando xuntos. Fixemos unha viaxe pola historia: anos 20, 60, 70, 80, 90… Espectacular! Os disfraces estaban incribles!
Bailes, cancións, desfiles…como remate final a esta semana tan festeira chea de luz e de cor. Moitas grazas ao AMPA pola súa implicación, cariño e agasallos!
Aproveitamos para desexarvos un FELIZ ENTROIDO!!! 🎭