Nuestra OFERTA EDUCATIVA se caracteriza por su Calidad, la Atención Persoalizada y su Experiencia. Consideramos fundamental, motivar a nusestros alumnos en el  Esfuerzo Personal, El Trabajo Constante, La Disciplina y La Responsabilidad. Todos estos aspectos son REFERENCIAS para lograr el éxito educativo, personal y académico. 

 

Una pedagogía centrada en el alumno, exigente, creativa e innovadora


MERGÚLLATE NA EDUCACIÓN INFANTIL

Comprende as idades entre os 3 e os 5 anos de idade.

  • Educación Infantil é Concertada.
  • Son obxectivos prioritarios neste nivel: o desenvolvemento da autonomía persoal e a socialización dos nenos e nenas.
  • Trabállase a través dunha metodoloxía baseada en proxectos, significativa e lúdica.
  • Os nosos espazos están ambientados de maneira agradable: colorido, debuxos...
  • As amplas e luminosas aulas dispoñen de diferentes espazos diferenciados que lles axudan a aprender xogando e a desenvolver destrezas propias do seu proceso evolutivo. Todas están dotadas de Pantalla Dixital Interactiva así como aseo e baños.

 


 Somos un equipo de mestres que cre na educación de calidade e afronta o seu traballo con ilusión diaria. Como escola cristiá e católica, traballamos valores que este ano aparecen recollidos baixo o lema:

"Da Sempre o Mellor de Ti"

 
EN EDUCACIÓN INFANTIL SUMÁMONOS Á INNOVACIÓN PEDAGÓXICA:

A Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) é unha metodoloxía baseada no alumnado como protagonista da súa propia aprendizaxe. A neuroeducación confirma este proceso como algo fundamental para lograr cidadáns democráticos e con pensamento crítico.

Desenvolvemos nas nosas aulas técnicas de traballo cooperativo (CA/AC) cos nosos/as alumnos/as, en colaboración cun programa da Universidade de Vic, onde a aprendizaxe depende do intercambio de comunicación dos estudantes. Os estudantes traballan en grupo para realizar as tarefas de maneira colectiva, están motivados tanto para lograr a súa propia aprendizaxe como para acrecentar os logros dos demais.

Coa introdución do Flipped Classroom poténciase a adquisición de coñecementos dentro da aula tras traballalos fóra dela.

O uso das novas tecnoloxías (TIC) na aula (pantallas dixitais, tablets, internet) son unha ferramenta máis para lograr os obxectivos propostos para cada materia e en todas as etapas educativas.

Apostamos pola aprendizaxe do idioma estranxeiro xa desde os primeiros anos. Desde Educación Infantil o alumnado dispón dunha hora semanal cun especialista para aprender inglés mediante xogos e cancións: A little musical theatre ; así como a través de dramatizacións: Theatre for kids. Tamén en primaria e secundaria continúan con esta formación ampliándoa con Xornadas de Inmersión Lingüística.

Incorporamos as Intelixencias múltiples, que nos permiten coñecer mellor as potencialidades e fortalezas do noso alumnado e estimular o desenvolvemento de todas elas; o Programa de Desenvolvemento Básico (arrastre, gateo, equilibrio…) que estimula o cerebro e cumpre funcións como a coordinación ollo-mano e o desenvolvemento neuromotor entre outras; e os Bits de intelixencia os cales melloran a atención, facilitan a concentración e estimulan o cerebro, aprendendo novos termos que servirán para desenvolver e ampliar a linguaxe, o vocabulario e a memoria. É un método potencial que os favorecerá de forma significativa.

Non deixamos de lado outros proxectos que viñan funcionando ata agora como o "Coidamundos". As actividades para realizar baséanse en sensibilizar aos máis pequenos sobre temas concretos: a auga, a reciclaxe, a enerxía, a contaminación… Intentando que os alumnos/as dentro do espazo das instalacións da aula e da súa contorna inmediata, aprendan máis sobre os factores ambientais que os rodean e como respectalos, todo iso dunha maneira interesante, atractiva e lúdica.

É moi importante a Educación na Interioridade e por iso traballamos cos nenos/as a importancia do silencio, a escoita e a reflexión para crecer como persoas.

Durante a Semana Vocacional, dedicamos unha semana ó coñecemento e a espertar nos alumnos/as o interese sobre distintas profesións.

“Cremos que a innovación ten que estar centrada en cada alumno/a, desenvolvendo as súas potencialidades e enriquecendo as súas vidas, contribuíndo á mellora mediante o esforzo e o compromiso de toda a comunidade educativa”

UN PASO ADIANTE

  • Entre os 6 e os 7 anos (primeiro ciclo de E.P.) os alumnos experimentan un notable desenvolvemento psicomotor, cognitivo, persoal, social e moral.
  • O segundo ciclo, desde os 8 aos 9 anos, caracterízase pola importancia da vida en grupo e o traballo cooperativo, grazas ao cal se logra que o neno/a evolucione cara a un pensamento máis abstracto.
  • No último ciclo, entre os 10 e os 11 anos, predominan o logro dun pensamento máis ordenado grazas ás novas adquisicións cognitivas.

A Educación Primaria é un proceso gradual e permanente no que o alumno é o protagonista do seu propio desenvolvemento e os membros da comunidade educativa, mediadores do mesmo.

 

  • • A través de metodoloxías activas (aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe por proxectos, Lectura eficaz) buscamos que o alumno desenvolva a capacidade de "aprender a aprender" nun ambiente cálido e acolledor segundo os valores franciscanos promovidos pola nosa Proposta Educativa
  • Como centro plurilingüe potenciamos:
    •o A lingua inglesa: a través de talleres dentro do horario lectivo impartidos por profesores nativos.
    o A preparación para a Certificación de Cambridge como actividade complementaria. A proba de Cambridge realízase no noso centro (a partir de 3º de Primaria)
    •o A lingua francesa como actividade complementaria a través de Talleres..

  • • Contamos cun servizo, coordinado co Departamento de Orientación, que inclúe especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.
  • • A Educación Primaria é Concertada.

E... COMEZAN OS RETOS

  • Os alumnos e alumnas da ESO sitúanse entre os 12 e os 16 anos. Consta de 4 anos.
  • Segundo o Estilo Educativo propio, pretendemos que os nosos alumnos medren en responsabilidade e madurez, desenvolvendo técnicas de estudo que lles posibiliten a adquisición das competencias e obxectivos previstos nesta etapa. 
  • Os educadores, co apoio do Departamento de Orientación, son mediadores no proceso educativo dos nosos alumnos e do seu crecemento persoal, a través de metodoloxías participativas e inclusivas que atenden á diversidade (Aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe por problemas, a clase invertida, utilización de TIC´s…)
  • Non nos esquecemos doutros aspectos tan importantes como o académico propiciando un clima adecuado para traballar os ámbitos de desenvolvemento social, afectivo e transcendente desde o compromiso solidario cos demais.
  • Os alumnos poden preparar o exame de Cambridge asistindo a clases de inglés como actividade complementaria. 
  • A Educación Secundaria é Concertada.

 

“O noso labor educativo apóiase na acción titorial cun trato próximo ó alumno e ás familias, que nos permite alcanzar con éxito os nosos obxectivos”

DECIDINDO O CAMIÑO

  • Comprende dous cursos académicos, os alumnos desta etapa sitúanse entre os 17 e os 18 anos.
  • Desde o noso Estilo Educativo, facemos nosa a finalidade propia desta etapa:
    “Proporcionar ós alumnos formación, madurez intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lles permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, capacitándoos para acceder á educación superior.”
  • As actividades educativas no Bacharelato buscan potenciar a capacidade do alumno para aprender en por si, traballar en equipo e aplicar os métodos de investigación apropiados.
  • Nesta etapa non é obrigatorio o uso do uniforme.

 


Ofertamos as siguientes modalidades:

  • Ciencias e Tecnoloxía.
  • Humanidades e Ciencias Sociais.


“O noso labor educativo apóiase na acción titorial cun trato próximo ó alumno e ás familias, que nos permite alcanzar con éxito os nosos obxectivos”