A xestión de Calidade nos nosos colexios ten como finalidade garantir a eficacia no cumprimento dos obxectivos estratéxicos e a eficiencia na utilización dos recursos dispoñibles para conseguilos. Deste xeito garantiremos a sostibilidade da nosa Misión.

 


Para asegurar a calidade da nosa xestión tomamos como referencia o marco que establece o Modelo EFQM de Excelencia, concretando este despregamento no Plan de Xestión Institucional, onde se artellan os criterios que deben de seguir os nosos Centros para o cumprimento dos obxectivos estratéxicos e liñas estratéxicas ás que fai referencia a estratexia institucional.

 


O Equipo de Calidade Provincial, supervisa o cumprimento dos criterios establecidos no Plan de Xestión Institucional apoiando ós centros na súa implantación e sistematización das súas actuacións.

 


Calidade, eficiencia e axilidade son os tres principios que rexen a xestión de calidade nos nosos colexios.