Galician
  • No noso Centro apostamos polo uniforme por considerar que a súa utilización garante a igualdade de todos os alumnos.

  • O uniforme tanto escolar como deportivo é obrigatorio en todas as súas  prendas e cores para todo o alumnado.

 

Detalles a ter en conta sobre o UNIFORME: 
O uniforme escolar utilizarase en todas as Etapas Educativas. 

Características

1. Polo branco camisero, con escudo bordado en peito esquerdo, con liñas cor tella en mangas e pescozo segundo modelo. Pode ser de manga larga ou de manga curta.
2. Xersey de punto de pescozo pico, cor tella, con escudo bordadono peito esquerdo e liñas gris marengo no pescozo, puños e cintura segundo modelo.

3. Falda ou pantalón gris marengo, con escudo bordado e vivos en cor tella segundo modelo. Os alumnos poderán utilizar pantalón curto ata 6º E. primaria e as alumnas poderán utilizar pantalón largo, se así o desexan.

4. Mandilón, segundo modelo, ata 4º de Ed. Primaria, incluido.

5. Calcetíns, medias ou pantis, cor gris escuro, (ej.: cor 290 marca Cóndor ou similar). Para o uniforme deportivo calcetín branco.

6. Lazos do pelo, diadema, gomas, cintas: azul mariño, gris escuro ou branco.

7. Zapatos ou botas cor negro ou azul mariño.

8. Prenda de abrigo en Infantil e en Primaria cor azul mariño. Recordamos que non están permitidas como prendas de abrigo: sudadeiras, cazadoras vaqueras ou prendas deportivas.

9. Chándal e camiseta, segundo modelo, para utilizar exclusivamente en educación física, actividades deportivas ou actividades extraescolares.

10. Tenis deportivos cor branco con sola de caramelo.

11. Todas as prendas deben estar claramente identificadas con nome e apelidos.

12. O uso do uniforme conleva unha imaxe adecuada e acorde có mesmo.