FMMDP, un carisma ó servizo da educación

O compromiso coa educación cristiá de nenos e mozos ocupou un lugar importante ao longo da historia da Congregación. En numerosos lugares e con distintas iniciativas as irmás primeiro e máis tarde en unión cos laicos fixemos presente o carisma recibido ao servizo da educación, fundamentalmente en centros propios, caracterizados en todo momento por un estilo educativo inspirado na práctica educativa de María Ana Mogas, adaptado ás distintas realidades para dar resposta ás necesidades distintas dos seus destinatarios.

 

Actualmente este estilo educativo está definido na nosa Proposta Educativa e o Proxecto Educativo Evanxelizador.

 

Trazos específicos da nosa proposta educativa

A nosa escola defínese como escola cristiá e franciscana, en fidelidade ao estilo da nosa Fundadora que inspirou o seu labor educativo en valores franciscanos, destacando a sinxeleza e proximidade nas relacións, e a creación dun clima fraterno de alegría e austeridade na comunidade educativa.

Desde o dereito de toda persoa a unha educación adecuada ás súas capacidades, a nosa escola ábrese a todos os que desexen este estilo educativo, optando por atender preferentemente ós máis desfavorecidos. Para iso, sempre que sexa posible, acollémonos ao financiamento público. Queremos así favorecer a igualdade de oportunidades e evitar discriminacións por motivos económicos.

Unha educación:

  • Ao servizo da persoa, caracterizada polo desenvolvemento dunhas actitudes que a fan: fraterna, defensora da vida, creativa ante as novas situacións, responsable, alegre, austera, defensora da paz e aberta á transcendencia.
  • Para construír unha sociedade máis fraterna e solidaria, máis participativa e democrática, máis comprometida coa xustiza, máis humanizadora, crítica e creativa.
  • Dende un Proxecto Evanxelizador que expresa un modo de ser e estar no mundo, mantendo o diálogo fe-cultura-vida, promovendo a iniciación e integración na comunidade cristiá, da que a comunidade adulta do colexio é referente.
  • Cunha pedagoxía franciscana ao estilo de Mª Ana Mogas que prioriza a creación dun “ambiente cálido e acolledor”, dando resposta aos desafíos da realidade cambiante, de forma creativa e innovadora, valorando a pedagoxía da presenza e o método persuasivo. Mantendo o compromiso dunha formación continua para os educadores.
  • Esta educación, é levada a cabo por unha comunidade educativa que:

Integra con estilo fraterno

Fomenta o sentido de pertenza e de corresponsabilidade de todos

Anima á participación.

Impulsa a formación permanente de cada estamento e compartida por todos.

 

 
 
Escolas que se xestionan en Misión Compartida, cun estilo de dirección propio, sempre en Equipo que se distingue por ser: participativo, orientador, animador, organizador que propicia a formación permanente.