Somos unha Congregación relixiosa franciscana con 18 Colexios Concertados en España, que busca a formación integral cristiá dos nosos alumnos. Apostamos pola innovación e o bilingüismo, nun ambiente de confianza entre alumnos, profesores e familias.

Colexios que nacen en torno á persoa de Mª Ana Mogas, Fundadora, das irmás Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor. A Congregación ten a súa orixe en Ripoll, no ano 1850 e medra dende 1850 ata hoxe, que se estende por once países de tres continentes, Europa, América e África.

Actualmente formamos unha familia carismática, a familia de María Ana Mogas, integrada por irmás e laicos, que comparten a súa espiritualidade e carisma e asumen xuntos a misión que ela iniciou.
 

 



  • Colexios propios de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
  • Colaboración das irmás en centros de educación estatais e de educación especial non propios.
  • Catequese de nenos, mozos e adultos, en ámbitos parroquiais
  • Colexio Universitario.
  • Granxas escola.
  • Fogares de nenos. Internados. Escola Fogar.
  • Escolas de Formación do Profesorado, maxisterio, propia da Congregación en Arxentina e fusionada e integrada coas de outras Congregacións en Madrid (ESCUNI) e Córdoba.
  • Escola de Monitores de tempo libre.
  • Centros de educación non formal ou alternativa.
  • Residencias de anciáns.
  • Traballo das irmás en hospitais e centros de saúde non propios.
  • Dispensarios e comedores populares.
  • Comunidades de inserción con atención directa ó barrio, colonias ou aldeas e parroquias.
  • Casas de Espiritualidade e Centros de Pastoral.
  • Casa de acollida de peregrinos.
     

“A acción educativa integral en fidelidade o estilo franciscano de María Ana Mogas”

A Misión dos centros educativos das Franciscanas Misioneras da Nai do Divino Pastor, de acordo coa Proposta Educativa, fundamentase:


“Na acción educativa integral, na concepción cristiá da persoa, do mundo e da historia, participando na misión evanxelizadora da Igrexa; en torno a un Proxecto Educativo inspirado en Xesús e no seu Evanxeo, nunha sociedade plural, con actitude dialogante e aberta a outros ámbitos, culturas e relixións; en fidelidade ó estilo franciscano de María Ana Mogas.”

"Excelencia, Innovación e Sostibilidade”

Somos centros referentes e innovadores, recoñecidos e valorados na nosa contorna polo compromiso adquirido para anticiparnos e dar resposta ós cambios e desafíos que presenta a sociedade.
Para iso, os centros educativos colaboramos estreitamente, establecendo sinerxías para garantir o cumprimento da estratexia institucional despregada en cada unha das liñas de visión:

 

ALUMNOS “Preparados para transformar a sociedade”

Seremos Colexios que satisfan continuamente e de forma personalizada as necesidades educativas dos nosos alumnos nos ámbitos académico, persoal, social e transcendente, para que sexan persoas competentes, abertas a outras culturas, íntegras, solidarias, coherentes e comprometidas coa transformación da sociedade dende os valores franciscanos.

 

FAMILIAS “Implicadas e participativas”

Dende o Proxecto Educativo que compartimos, conseguiremos aumentar a satisfacción e implicación das nosas familias propiciando a súa participación na vida dos nosos colexios.

 

CONTORNA “Sólida imaxe Institucional”

Transmitimos unha sólida imaxe institucional baseada na responsabilidade social, o servizo á persoa, a defensa da vida e o respecto ao medio ambiente a través de estratexias de comunicación adecuadas que favorecen a colaboración e a alianza con outras institucións.

CENTRO “Excelencia na nosa xestión”

Aseguramos a excelencia na nosa xestión sendo eficaces na consecución dos obxectivos estratéxicos e eficientes na utilización dos recursos dispoñibles para conseguilos, baixo criterios de sostenibilidade económica, social e medioambiental.

 

EQUIPO “Competente e comprometido”

Melloramos continuamente a competencia dos nosos equipos, constituídos por persoas creativas e comprometidas coa innovación, as TIC e a excelencia plurilingüe, que participan e animan a Misión Compartida e que conforman un grupo humano comprometido, nun clima de proximidade e colaboración.

  • Apertura á transcendencia.
  • A sinxeleza e a proximidade nas relacións persoais.
  • O sentido da responsabilidade.
  • A creatividade e o espírito crítico.
  • A admiración, o respecto e o compromiso coa natureza e coa vida.
  • A xustiza e a solidariedade cos máis necesitados.
  • A fraternidade e a alegría.
  • A promoción da paz.
  • O compromiso pola sostibilidade.