Os cambios na lexislación educativa e o dinamismo da Entidade Titular dos nosos colexios, fan necesaria a actualización dos documentos, que se atopan na base da organización e o funcionamento dos Centros, para garantir que a nosa intervención educativo-pastoral se realice conforme ás opcións da Proposta Educativa (Carácter Propio) e do PEE (Proxecto Educativo Evanxelizador)

 

 

- "Bullying: Tolerancia cero" -

 

Por outra banda, a implantación na totalidade dos Centros da Provincia do Plan de Xestión, baseado no Modelo EFQM de Excelencia, require que o RRI estea aliñado co resto dos Documentos Institucionais, tanto na súa estrutura, como no seu contido.

 

Na elaboración do RRI (Regulamento de Réxime Interior) tívose en conta a lexislación vixente de ámbito nacional e de cada unha das Comunidades Autónomas nas que existen centros da Provincia Ibérica.