Apoiamos a creación da "Asociación de Antigos Alumnos de FMNDP", para fomentar a relación e manter vivo o contacto entre os alumnos que pasaron polos nosos centros.

Entre todos formamos un conxunto de persoas con distintos perfís profesionais, intereses culturais, necesidades e posibilidades que nos enriquecen e non podemos desaproveitar.

Buscamos:

  • Promover e fortalecer as relacións entre os colectivos relacionados con FMNDP (networking)
  • Apoiar o desenvolvemento profesional dos seus membros e establecer acordos beneficiosos para o colectivo.