"O principal obxectivo das ANPAs é, segundo a nosa Proposta Educativa, buscar a integración da comunidade educativa, profesores e pais, e a súa implicación na educación dos seus fillos. Participar na xestión dos centros a través do Consello Escolar, servindo de ponte entre os pais dos alumnos e o colexio, cun representante no Consello, así como nas Comisións de Escolarización".

Tamén teñen como función primordial axudar ó colexio e ás familias no que demanden, ben con axudas, apoios materiais (dependentes estas dos ingresos de cada ANPA), axudando a organizar actividades extraescolares, formativas, charlas, talleres, actividades de convivencia, , celebracións, festas, etc “
 

A ANPA do Colexio Sagrado Corazón da Coruña é unha Asociación composta polas nais e os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no centro escolar, que manifestaran o seu desexo de pertencer á mesma. É unha Asociación sen ánimo de lucro que se financia coas subscricións que fan os pais.


A Asociación formámola todos os socios. Dentro da mesma existe unha XUNTA DIRECTIVA DE GOBERNO, formada polo presidente, vicepresidente, secretaria, tesoureiro e vogais.

• Presidenta: MARTA MARGARITA YEPES FREIRE

• Vicepresidenta: VANESA DOCAMPO QUINTAS

• Tesoureiro: ANTONIO DÍAZ GONZÁLEZ

• Secretario:  LUIS PURRIÑOS TEIJO

• Vicesecretario: JUAN LUIS PÉREZ ORDOÑEZ

• Representante FAPA: MARÍA JESÚS SANTOS MENDIETA

• Representante Consejo Escolar: JAVIER CAMBA FUENTES

• Vogal: NOELIA VÁZQUEZ

• Vogal: ANA MARÍA DÍAZ MORENO

A ANPA colabora co resto da comunidade educativa para ofrecer actividades educativas ós alumnos e a seus pais. Para levar a cabo estas actividades non só necesitamos a túa inscrición, necesitamos a túa colaboración e participación activa.


Serán socios, os pais , nais ou titores legais matriculados no centro escolar, debendo manifestar o seu desexo de pertencer á asociación, aceptando expresamente os Estatutos da mesma.


Se che interesa, deixa unha mensaxe a través do formulario de contacto da web cos teus datos de contacto e poñerémonos en contacto contigo.

Desde a Asociación póñense en marcha diferentes actividades e preocúpanos todo o referente á educación dos nosos fillos no Colexio.

 


Entre as principais actividades que desenvolve a ANPA destacan:

 

 

  • Actividades de funcionamento xeral.
  • Actividades desenvolvidas por e para o Centro.
  • Excursións e saídas para as familias e poder confraternizar con outros pais e nais.

Para contactar coa ANPA podes dirixirte ó seguinte enderezo de correo electrónico:  "apa.franciscanas@gmail.com"

A ANPA do colexio conta cun blogue onde se van publicando varias das actividades que se desenvolven ó longo de cada curso académico.


Para acceder ao Blogue da ANPA fai clic na seguinte imaxe:
 

https://www.facebook.com/ampafranciscanas