Premiados no Certame Literario Minerva 2018

Este pasado xoves, 5 de abril, o noso alumno de 2º de Bacharelato, Christian Rodríguez Fernández, recibiu o segundo premio, na modalidade de narración, do certame literario Minerva 2018.


Estes premios son convocados polo Colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela, dende hai 46 anos, nos cales tamén participaron, no seu momento, figuras tan importantes da literatura galega como: Suso de Toro , Darío X. Cabana, Olga Novo, Xavier Queipo, Xesús Rábade ou Rafa Villar, entre moitos outros.


No acto de entrega de premios, tamén puidemos desfrutar da presenza e das verbas da consagrada escritora e académica da Real Academia Galega, Fina Casalderrey, a cal actuou como mantedora.


Os galardoados leron unha parte da súa obra, a cal será posteriormente publicada nun libro, editado polo Colexio Peleteiro, onde se recollerán integramente tódolos traballos premiados. Ademais deste privilexio, tamén foron agasallados cunha dotación económica e unha medalla de prata.


Agardamos que isto sexa só o principio dunha prometedora carreira no panorama literario galego.


¡Parabéns, Christian!