Proceso de matriculación


NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN


DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria,de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG, 26/12/2012). Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG 15/03/2013). ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

 

 


Español

DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2017


Descargue o Anexo II “Documento de solicitude de admisión”, pode cubrilo no ordenador e entregalo por duplicado na Secretaría do 1 ao 20 de MARZO.

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na Secretaría do Colexio e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado».
Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.

 

DESCARGAR ANEXO II: DOCUMENTO DE SOLICITUD DE ADMINSIÓN (CASTELLANO)


DESCARGAR ANEXO II: DOCUMENTO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN (GALEGO)


 

Esta solicitude será única e terá carácter vinculante (Artigo 14.2).
Débese cubrir todos os datos.
No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores. (Artigo 14.4)

Segundo a lexislación vixente as familias deben ter en conta que:


1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

En caso de ser necesario o proceso de baremación, por motivos de recibir máis solicitudes que vacantes, o Centro poderá solicitar máis documentación ás familias.
Os criterios de baremación mantéñense os mesmos do curso pasado, pendentes da publicación do IPREM.


Baremación: criterios e puntuación.