•  Oración da mañá:

• Cada día todos os alumnos e mestres comezamos a xornada cun momento de oración e reflexión en torno á vida, a actualidade, unha imaxeo un vídeo, unha canción, o Evanxelio,...


• Trátase dun momento de calma que nos axuda a vivir o día a día sen o axetreo e as presas e que nos permite pararnos a pensar en nós, no que nos rodea e no exemplo de Xesús.


  • Programas de desenvolvemento da interioridade:

• Son actividades que buscan axudar aos nosos alumnos a desenvolver a súa capacidade de reflexión, de silencio, a súa intelixencia emocional, a súa empatía,...

• Actualmente desenvolvemos tres programas:
Despertar Relixioso: Ed.Infantil
Oratorios: 6º Ed. Infantil - 5º Ed.Primaria
► Proxecto "En ti": ESO (en proceso)


  • Celebracións:

• No transcurso do curso nos reunimos como Comunidade Educativa para celebrar a nosa fe en distintos momentos: Advento- Nadal, Coresma, Semana Santa- Pascua, Festa de San Francisco e María Ana.

 

• O claustro de mestres celebra a fe e a vocación educadora do carisma de Mª Ana Mogas en distintos momentos: inicio do curso, Nadal, Festa de San Francisco e Mª Ana e fin do curso.


  • Experiencias de fraternidade:

Convivencias Cristiás: Levadas a cabo en Rianxo, un espazo privilexiado onde alumnos de 3º y 4º de E. Secundaria y Bacharelato conviven, comparten e profundizan na súa fe traballando sobre o lema do curso.

 

Grupos ANAMO: Son encontros onde alumnos desde 5º de E. Primaria ata Bacharelato comparten experiencias, crecen como persoas e interiorizan valores para a súa formación persoal. Se reunen quincenalmente.
Destaca positivamente a convivencia Intercolexial na que temos a oportunidade de compartir un día cós compañeiros de ANAMO de todos os colexios de Galicia.

 

Os Campamentos de Verán.

 

• As convivencias de fin de curso nas que celebramos valores de encontro, natureza e compañerismo.


  •  Solidariedade e paz:

• Participamos en campañas solidarias como: 

- DOMUND
- OPERACIÓN KILO
- Diversas campañas solidarias nas que colaboramos cós proxectos da Fundación LADESOL: subasta solidaria, dulces solidarios, bollería nos recreos, Carrera solidaria, Marcha solidaria, bocata solidario.


A Paz: Día escolar da non violencia e a Paz.


  • Programa Boa Noticia:

• Alumnos e mestres traballamos a mensaxe de Xesús a través do Evanxelio da semana.


  • Formación relixiosa: 

• Tanto desde a Área de relixión como mediante as sesións de titoría e outras actividades coidamos a formación relixiosa e en valores dos nosos alumnos.